Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE004113
Clasificación Genérica Elementos arquitectónicos
Objeto/Documento Ventá
Tipología/Estado xeminada
Título Ventá de Reza Vella
Materia/Soporte Granito
Técnica Labrado
Dimensiones Anchura = 51 cm; Altura = 63 cm; Grosor = 14 cm
Descripción A fiestra é unha peza sinxela, aberta nun bloque granítico único, aínda que hoxe, logo da súa rotura cando se sacou do seu lugar, apareza como a unión de cinco fragmentos. No bloque abríronse dous ocos verticais rematados en senllos arcos ultrasemicirculares, tendentes caseque ao círculo, subliñando os elementos estruturais da peza cun livián surco que os resalta, o que levou a Yolanda Barriocanal a paralelizala directamente coa fiestra de San Xoán de Camba, que ten unha presentación similar. En efecto, as formas acentúanse por un sinxelo listel a penas refundido, a modo de filete que as contorna, liña que tamén segue o canto do bloque, formando un a modo de marco cuadrangular, roto na parte baixa dunha maneira apropiada para encastar o cumio dun tellado a dobre vertente. Na parte superior dos arcos, na enxuta, un triangulo, tamén en negativo único adorno desta peza construtiva, da que son coñecidos moitos paralelos, dos que deu conta X.C. Rivas nas páxinas do Boletín Avriense, e ás que cabe atribuír unha cronoloxía na décima ou undécima centuria, datas acordes coas informacións documentais coñecidas sobre Santa Catalina de Reza Vella.
A rotura do marco decorativo e a súa forma, como para encastala no cumio dunha cuberta a dobre auga, fainos pensar nunha reutilización nesa posición, afastada da que é máis habitual noutras fiestras desta mesma época, colocadas no centro das paredes frontais das ábsidas como aparecen as conservadas na súa posición como as de Santa Eufemia de Ambía por exemplo.
Datación 901=1000
Contexto Cultural/Estilo Alta Idade Media
Lugar de Procedencia Reza Vella
Lugar Específico/Yacimiento Capela de Santa Catarina
Clasificación Razonada Esta peza é un resto construtivo dun edificio do século x, do que hai outros testemuños, que nos revelan a existencia dun "oratorio" da época mozárabe nas beiras do miño, en reza vella, nas inmediacións de ourense.
As novas da existencia desta peza remóntanse os anos cincuenta, cando don Xesús Ferro Couselo a describe e publica unha foto coa peza chantada na parede dunha construción, identificándoa coma posible resto dun edificio monástico, unha daquelas fundacións familiares tan características da época, semellantes as próximas de Oira, Requeixo, San Ouxea e San Vicenzo de Louredo das que se pode seguir o seu rastro documental no Tumbo Vello de Celanova, tamén coñecido como Libro Becerro Gótico. Estilísticamente os arcos de ferradura, manifestos nun bo número de ventás xeminadas, considéranse un dos elementos definidores da arquitectura de repoboación da área ourensá.
Bibliografía BARRIOCANAL LÓPEZ, Y. Ventá xeminada. Orígenes, arte y cultura en Asturias. Siglos VII-XV. Oviedo: 1993. pp. 125-126.

FARIÑA BUSTO, F. Ventá de Reza Vella. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 03/2000. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2000_03_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017.

FARIÑA BUSTO, F. El Museo Provincial de Orense. 1978. pp. 82-104; Orense, II, Diputación Provincial.

FERRO COUSELO, J. Los monasterios de Oira y Requeixo y la capilla de Santa Catalina de Reza a Vella. Posío-Arte y Letras. 1951. nº 3, 4 y 5.

GARCÍA IGLESIAS, J. M. El arte paleocristiano y prerrománico. 1988. Enciclopedia Temática de Galicia, Arte, Editorial Nauta, Barcelona.

IGLESIAS ARMADA, Mª del P. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Na procura da historia. 1997. p. 34; Orientación didáctica - guía escolar, Vigo.

NÚÑEZ RODRÍGUEZ, M. Arquitectura Prerrománica. 1978. COAG, Madrid.

RIVAS FERNÁNDEZ, J. C. Algunas consideraciones sobre el prerrománico gallego y sus arcos de herradura geminados. Boletín Auriense. Ourense (l): 1971, I. pp. 61-126.

RIVAS QUINTAS, E. Influxos precristiáns na arte. Porta da Aira. Ourense (l): 1994-1995, nº 6.pp. 207-237.

VV.AA.. Unha escolma de escultura. 2006. pp. 113-115; Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Xunta de Galicia, Ourense.

YZQUIERDO PERRÍN, R. Arte Medieval (I). 1993. pp. 144-145; Galicia Arte, X, Hércules, A Coruña.
Forma de Ingreso Doazón
Fecha de Ingreso 13/03/1971
Catalogación Fariña Busto, Francisco
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6